Convocatoria de avaliación en competencias clave
Fecha: 2014-03-18
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia acaba de convocar as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 (Resolución 7 de marzo de 2014).
Ter aprobadas estas competencias posibilita o acceso aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas e para os módulos de obradoiros de emprego que sexan de nivel 2 ou 3, sempre que non se teña a formación mínima necesaria (En xeral, nivel 2, graduado en ESO e nivel 3, bacherelato).
Para información detallada preme en: criterios de acceso
Información da presente convocatoria:
Inscrición: ata 10 de abril de 2014
Información: Axencia de Desenvolvemento Local, rúa Castelao, 173.
Tel.: 986 730 609