Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Adxudicado provisionalmente o contrato de obra para a restauración parcial da salgadeira de Moreiras

Fecha: 2009-11-27

 

O Concello do Grove comunica que a Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2009, adoptou, entre outros, o acordo de declarar válida a licitación e adxudicarlle provisionalmente o Contrato de obra para a restauración parcial e a transformación da salga de Moreiras nun centro de interpretación interactivo de salga, escabechado e seca e outros produtos de conservación á empresa Jesús González Otero, por un importe de 122.773,69 euros, máis 19.643,79 euros de IVE. O total ascende, con IVE, a 142.417,48 euros.