Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca curso gratuíto para menores de 30 anos sobre Xestión Loxística e Operacións de Almacenaxe

Fecha: 2014-03-28

A Concellalía de Economía, Facenda e Persoal do Grove, informa da impartición dun curso de formación de Xestión Logística e Operacións de Almacenaxe.

 

O citado curso enmárcase na programación do Ministerio de Emprego e Seguridade Social para a mellora da empregabilidade das persoas menores de 30 anos e preferentemente sen formación.

 

A duración do curso é de 210 horas, das cales 135 son teóricas e 75 prácticas. O seu inicio está previsto para o mes de abril a desenvolver en horario de mañá nas instalacións do Centro de Formación Monte dás Flores. O curso é totalmente de balde.

 

As persoas interesadas deben inscribirse na Axencia de Desenvolvemento Local, na Casa Azul, ou chamar ao seu teléfono: 986 730 609.