Doce alumnos do IES Monte da Vila asisten o sábado á III Final do Young Business Talents en Madrid
Fecha: 2014-03-31
-
Trátase dunha competición dirixida a preuniversitarios a nivel rexional, nacional e internacional
Un grupo de doce alumnos do instituto Monte da Vila do Grove participan este sábado, 5 de abril, na terceira final do Young Business Talents. Trátase dunha competición dirixida a preuniversitarios a nivel rexional, nacional e internacional, organizado por ESIC e NIVEA e coa colaboración da Asociación de Marketing de España. Un simulador empresarial que lles permite aos participantes poñer en práctica todo tipo de decisións dentro dunha empresa.
Entre os meses de novembro e febreiro, 5.324 alumnos de toda España conformaron os 1.535 equipos que competiron na primeira fase en liña. Destes 1.535 equipos, os 100 mellores asisten á final nacional que se desenvolve este sábado en Madrid.
Dos dezaseis clasificados de Galicia, grazas á colaboración do IES Monte da Vila, da Concellería de Educación e da ANPA, O Grove estará representado por tres equipos de alumnos e alumnas de 1.º e 2.º de bacharelato deste instituto de secundaria.
Máis información:
Web do Young Business Talents: http://www.youngbusinesstalents.com/
IES Monte da Vila: 986 732 161