A Concellería de Cultura celebra a Festa dos Maios 2014
Fecha: 2014-04-08
A Concellería de Cultura do Concello do Grove celebra o concurso da Festa dos Maios 2014.
O evento terá lugar o 1 de maio na praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que así o desexen.
Quen desexe participar pode realizar a súa inscrición o mesmo día 1 na praza do Corgo, entre as 10.30 e as 11.30 h e poderá concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.
Cada participante recibirá 30 euros por participar e establécense tres premios para cada una das tres categorías: un primeiro premio de 100 €, un segundo de 75 € e un terceiro de 50 €.
BASES DA FESTA DOS MAIOS 2014 >
Cartel-Programa da Festa dos Maios 2014 >