O vindeiro venres remata o prazo de inscrición nos exames para a obtención dos Celga en 2014
Fecha: 2014-04-09

O SNL municipal informa de que este venres, 11 de abril, ás 14.00 h, remata o prazo de inscrición nos exames para obter os Certificados de lingua galega (Celga) este ano.
DATAS DAS PROBAS
>Celga 1: 22 de xuño
>Celga 2: 15 de xuño
>Celga 3: 21 de xuño
>Celga 4: 14 de xuño
LUGARES DOS EXAMES
-Celga 1: Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid e Ponferrada
-Celga 2, 3 e 4: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Barcelona, Madrid e Ponferrada
TAXA 15,61 €
-Convocatoria completa (DOG do 11/3/13 .pdf) >
-Impreso para o pagamento das taxas >