O 23 de abril, Nanoteatro na bblioteca do Grove para conmemorar o Día Internacional do Libro
Fecha: 2014-04-10

O mércores 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Para festestexar esta data, a Rede de Bibliotecas do Grove ofrecerá o espectáculo Nanoteatro.
Lugar: biblioteca pública municipal do Grove (Monte da Vila, 11)
Hora: 18.00 h
É necesaria inscrición previa.
Os dous contos que se escenificarán son historias para nenos, nenas, nais, pais, avós, avoas, tíos, tías, primas, primos, primos segundos, amigas, veciños e xente de cara coñecida.
Ajdar é un conto cheo de sabedoría sobre a responsabilidade dos seres humanos na Terra. Despois dun inesperado terremoto, vólvese todo do revés no país de Matilde, que terá que ir ao centro da Terra para comprender a cólera do dragón Ajdar, responsable do sismo.
Papamedos cóntanos a historia dun neno que ten medo da escuridade e dun irmán seu que inventa un amigo imaxinario que come todos os medos...