Programación de ‘La casa de las ideas’
Fecha: 2014-04-16
"A arte está en todas as partes, en calquera esquina, no sitio menos pensado… na rúa, no despacho dun director de banco, nun almacén..."
Organiza a Concellería de Xuventude do Concello do Grove e colaboran as concellerías de Comercio, Educación e Cultura.
Lugar de realización: rúa Castelao, 38
Datas: do 16 ao 20 de abril (ambos inclusive)
Inauguración: mércores 16 ás 19.00 h Horario: 12.00-15.00 h e 19.00-00.00 h
A realización das actividades desta programación corren a cargo dun grupo de alumnos do curso de monitores de tempo libre aos que a Concellería de Xuventude lles ofreceu todas as posibilidades para realizar as 150 horas de prácticas que necesitan para obter o título oficial de monitor de tempo libre que expide a Xunta de Galicia. Ademáis, tamén colaboran diferentes colectivos e persoas particulares dotadas dalgunha habilidade artística.
O programa non está totalmene pechado, se houbese algunha persoa interesada en participar, pode dirixirse directamente ao local ou se non a través do teléfono 699 397 522.