Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Obras e Servizos encarga un informe para mellorar os parques infantís do municipio

Fecha: 2014-05-05

 

  • Estanse valorando as necesidades das zonas de xogo que hai no concello
  • Destinaranse 15.000 euros

A Concellería de Obras e Servizos do Grove está analizando as deficiencias e necesidades dos parques infantís do municipio, co obxectivo de priorizar e poder acometer as melloras precisas para garantir a plena seguridade dos usuarios. Deste xeito, xa encargou un estudo das áreas infantís de xogo con maiores deficiencias que hai no concello co obxecto de revisar o estado dos aparellos e dos elementos de seguridade ou para arranxalos ou substituílos segundo sexa necesario.

 

A Concellería de Obras e Servizos é consciente da responsabilidade que comporta o mantemento das áreas infantís de xogo e, tan pronto reciba o estudo encargado, iniciará un plan de mellora dos parques infantís, de xeito que se garanta a plena seguridade dos usuarios. Esta actuación contará cun investimento aproximado de 15.000 euros e incluirá a restauración dos elementos que están en mal estado e o acondicionamento do conxunto dos parques.

 

Neste plan inclúense un total de once parques infantís, que son os que presentan maiores deficiencias nos elementos de xogo. Son os de San Vicente, As Valadas, Moreiras, O Porto de Meloxo, Virxe das Mareas, O Corgo, As Vesadas, O Sineiro e algunhas das áreas de xogos dos centros escolares. No caso do parque das Vesadas, os operarios municipais xa están cambiando o valado e proximamente colocarán máis iluminación. Tamén neste lugar se repararán os elementos biosaudables.