A avenida Tenente Domínguez reabre hoxe ao tráfico os dous carrís
Fecha: 2014-05-06
A Concellería de Obras informa de que a avenida Tenente Domínguez abre hoxe os dous carrís de circulación ao tráfico, aínda que o fará con velocidade reducida no tramo máis próximo á ponte da Illa da Toxa.
Onte asfaltouse a calzada no tramo onde hai dez días se produciu unha avaría nunha tubaxe da rede municipal de augas, pero haberá que esperar aproximadamente quince días para que a circulación estea totalmente normalizada. Será entón cando poidan repisar a zona danada para nivelar a estrada e aglomerar en quente o ancho da calzada a unha lonxitude de doce metros.