Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Educación acondiciona o antigo laboratorio do colexio Conmeniño para trasladar a biblioteca escolar

Fecha: 2014-05-29

Fíxose un investimento aproximado de 5.000 euros

 

A Concellería de Educación rematou as obras de acondicionamento do antigo laboratorio no CEIP Conmeniño para trasladar a este espazo a biblioteca escolar. Trátase dunha aula moito máis ampla e con maior luminosidade, o que repercute directamente en maior comodidade e atractivo para o alumnado.

 

As obras levadas a cabo pola concellería, que contaron cun orzamento aproximado de 5.000 euros, consistiron en retirar todo o mobiliario e material do laboratorio, colocar tarima flotante, pintar as paredes, traballos de fontanería e de carpintería. O resultado é un novo espazo útil dispoñible para uso da comunidade escolar. Ademais, este traslado da biblioteca a un espazo máis amplo tamén lles permitirá ao centro solicitar as axudas que a Consellería de Educación outorga dentro do plan anual de bibliotecas escolares.

 

Concluídas as obras, o centro dividirá o novo espazo en zona de xestión; zona de proxección para charlas, exposicións, actividades de grupo…; mesas con consulta informática e de acceso a internet; zonas de traballo e de estudo e unha área de lectura.