Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Obradoiros de Emprego

Atención urgente

Advírteselles ás persoas interesadas en inscribirse nos diferentes obradoiros de emprego que mañá, 2 de xullo de 2014, é o último día para poder indicar na súa demanda o interese en participar nestes.

Lembramos: Obradoiro da Mancomunidade do Salnés de Auxiliar de Cociña e Auxiliar de Camareiro de Restaurante-Bar e no do Concello do Grove de Atención Sociosanitaria de Persoas no Domicilio e de Deseño Gráfico.

Para o Obradoiro da Mancomunidade do Salnés non é necesaria formación inicial ningunha.

Para o de Atención Sociosanitaria de Persoas no Domicilio é necesario o graduado en secundaria e no de Deseño Gráfico, bacherelato.

As persoas interesadas deben indicalo na Oficina de Emprego de Cambados.


Todas as novas