Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Obras traslada o plan municipal de accesibilidade ao xulgado de paz

Fecha: 2014-07-09

Xa se eliminaron barreiras arquitectónicas de beirarrúas e paseos

 

O Concello do Grove, a través da Concellería de Obras e Servizos, continúa co plan municipal de accesibilidade, e nesta ocasión trasládao ata o Xulgado de Paz. Trátase dun dos edificios máis importantes e usados do concello, onde se instalou unha rampla de acceso co fin de eliminar toda barreira arquitectónica que dificultaba a entrada a persoas con mobilidade reducida.

 

Este plan municipal de accesibilidade comezou xa hai un ano e, desde entón, xa se suprimiron as barreiras arquitectónicas en beirarrúas e paseos, así como nalgún edificio municipal, como na Oficina de Información Turística, no edificio administrativo ou no local veciñal das Vesadas. O obxectivo, segundo indica o edil de Obras, Manuel Ochoa, “é axudar as persoas con problemas de mobilidade, ao mesmo tempo que atendemos as peticións que nos realizou a asociación Anduriña”.