Os Sons do Vento que Pasa. Concerto de fados en galego
Fecha: 2014-07-18

Os Sons do Vento que Pasa chega ao Grove o vindeiro xoves 24 de xullo no palco da praza do Corgo ás 21.00 h da man de Gonçalo Guerreiro e Dani Pais, que nos ofrecerán esta actuación de fados en galego.
Este concerto de fados en galego para público de todas as idades é boa mostra de que calquera tipo de música se pode facer na lingua propia de Galicia. As cantigas, acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de sedutores xogos de iluminación, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto a xente moza coma a non tan moza. Deste xeito, o espectador mergullase nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á música tradicional, sen nunca deixar de ser fado.
Esta actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove, dependente da Concellería de NN TT, Patrimonio e Documentación que dirixe Alexandre Aguín, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia (RDL) dentro do Programa FalaRedes.


