Gmail, xa dispoñible en galego
Fecha: 2014-07-24
Na semana de Galicia, unha noticia que supón outro chimpo de xigante para a normalización da nosa lingua na rede: desde hai uns días, o popular servizo de correo electrónico de Google, Gmail, xa pode habilitarse en lingua galega.
Como cambiar o idioma da súa interface:
- Abra a súa conta Gmail.
- Prema na icona da roda dentada da esquina superior dereita e seleccione Configuración.
- Ao principio da páxina, no apartado "Idioma" da pestana Xeral, seleccione “Galego” como idioma do menú despregable "Idioma para mostrar en Gmail".
- Prema agora no botón Gardar cambios do final da páxina.

Ao mesmo tempo que o galego, Google incorporou ao Gmail outros doce idiomas, o que supón que xa está dispoñible traducido a 71 linguas, co que cobre lingüisticamente o 94% da poboación total da internet.
Os trece novos idiomas incorporados están dispoñibles tanto na versión web de Gmail como na versión para navegadores de dispositivos móbiles.