Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Novo horario e localización da OMIX

Fecha: 2014-09-04

A partir do vindeiro luns 8 de setembro, a Oficina de Municipal de Información Xuvenil (OMIX) terá o seguinte horario de atención ao público:

- De luns a venres: 9.00-14.00 h

- Os luns tamén: 16.00-19.00 h

 

Ademais da atención personalizada, tamén seguirán atendendo as demandas feitas por correo electrónico (omix@concellodogrove.com) ou a través do seu Facebook.

 

Cómpre lembrar que desde hai unhas semanas a OMIX mudou a súa localización. Agora atópase no segundo andar do edificio administrativo municipal, situado na rúa Cándido Acuña Blanco, 3.