Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas

O Servizo de Orientación do Concello do Grove informa da convocatoria dun taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas o 16 de setembro ás 10.00 horas na Casa Azul.

O taller dispón de 20 prazas e vai dirixido a persoas maiores de idade ocupadas ou desempregadas que desenvolveran tarefas que teñan que ver co sector do viño.

O prazo de solicitudes é ata o 16 de setembro, e pode realizarse enviando a solicitude a través dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico a desenvolvementorural.issga@xunta.es , eira@eira-tec.com
  • De maneira presencial, entregando o formulario no Servizo de Orientación do Concello do Grove (2.º andar do edificio administrativo municipal, rúa Cándido Acuña Blanco,3) 

Para máis información poden chamar a Juan Carlos 652 99 30 32 ou consultar e descargar os formularios na páxina web issga.xunta.es.


Todas as novas