Á biblioteca, tamén pola tarde
Fecha: 2014-09-08
O persoal da Rede de Bibliotecas do Grove lémbralles aos seus usuarios e ao público en xeral que, desde o pasado luns, a Biblioteca Pública Municipal do Grove recuperou o seu horario habitual de apertura: de 9.00 a 14.00 h polas mañás e de 16.30 a 20.30 h polas tardes, de luns a venres.