Centolas de Ouro 2014
Fecha: 2014-10-02
No marco da LI edición da Festa do Marisco do Grove entréganse cada ano os galardóns “Centola de Ouro”, en recoñecemento a persoas, empresas ou institucións que dalgún xeito promoven o coñecemento do Grove e de Galicia en distintos ámbitos.
Este ano os galardóns recaen en:
- Antonio Padín Otero, propietario do Hotel Maruxía e antigo presidente do Centro de Iniciativas Turísticas.
- Domenec Biosca, asesor turístico afincado en Barcelona e que impartiu varios cursos na nosa zona.
- Club Náutico San Vicente do Mar, club deportivo grovense que leva anos organizando actividades de promoción do Grove.
- Restaurante Portonovo, xerente: María Jesús Limeres. Restaurante–marisquería de Madrid que traballa con marisco galego desde 1968.
A gala de entrega terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións da Illa da Toxa o venres 10 de outubro, ás 20:00 h.