O vindeiro xoves desenvolverase o Festival da Canción do Grove 2014
Fecha: 2014-10-07
O Festival da Canción do Grove, organizado pola Concellería de Cultura, arrinca de novo coa participación de doce intérpretes.
Este evento terá lugar o xoves 9 de outubro no Pavillón de Congresos e Exposicións da Illa da Toxa a partir das 21.30 h. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.
Aínda que nun principio estaba previsto que o certame durase dous días (o día 8 para elixir os finalistas e o 9 para levar a cabo a final), por mor da gravación en directo do festival pola Televisión de Galicia decidiuse reducilo a unha soa xornada.
Da final sairán o primeiro premio, dotado con 1800 €, e dous accésits, de 600 € cada un.
Cada concursante ou grupo de concursantes interpretará un só tema, que xa foi elixido previamente pola organización do festival. A voz será en rigoroso directo e poderá ter o acompañamento de música gravada ou de instrumentos.
A orde de actuación, os intérpretes e os temas serán os seguintes:
|
Orde |
Nome |
Tema
|
|
1 |
Ana María Arnaiz |
Malo será |
|
2 |
Clave de Lúa |
Psicoloxía inversa |
|
3 |
Dani Cornes |
Ela é unha tormenta |
|
4 |
Miguel Martínez Chapela |
Dime cómo te olvido |
|
5 |
Dúo Demo |
O gran segredo |
|
6 |
Manuel Míguez Vidal |
Non sei que ten esta terra |
|
7 |
Antonio Miniño Álvarez |
El bohemio |
|
8 |
Tamara Pérez Vázquez |
Detrás de tu ventana |
|
9 |
Alfredo Leis |
Me quemas |
|
10 |
Rocío Jiménez Segade |
Xamais |
|
11 |
Aixa Romay Regueiro |
Cuidaré tus sueños |
|
12 |
Paula Madero Pereira |
Yo sé que te acuerdas de mí |