Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Publicado no DOG de hoxe o anuncio de aprobación inicial do PXOM do Grove

Fecha: 2014-10-15

No Diario Oficial de Galicia de hoxe publícase o anuncio da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal do Grove.

 

Os documentos do plan xeral estarán en perído de información pública durante o prazo de dous meses. Os planos poderanse consultar a partir de hoxe na planta baixa da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 h.

 

Tamén poden consultar a invormación sobre o novo PXOM premendo nos banners desta páxina web ou aquí>.

 

Para atender as consultas particulares sobre o novo PXOM, un técnico estará á disposición da veciñanza os mércores de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h.

 

Pode ver o anuncio do DOG aquí>