Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Cita dos municipios termais no Grove

Fecha: 2014-10-21

A Sección Vilas Termais da FEMP e o Concello do Grove organizan unhas xornadas de traballo e celebra a súa asamblea anual na Illa da Toxa.

 

A secretaria xeral de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas, e a alcaldesa de Bath (Gales – Reino Unido), Cherry Beath, participan en dúas das mesas de debate.

 

A directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, e o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, inauguran este xoves, 23 de octubre, o XI Encontro Vilas Termais, ENVITER, que terá lugar na Illa da Toxa, ao que acudirán representantes destes municipios e das empresas vinculadas a este sector, así como técnicos e expertos na materia.

 

A alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, tamén abrirá o encontro, como presidenta da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais da FEMP, que organiza estas xornadas e que ten previsto desenvolver a súa asemblea anual ao rematar as sesións de traballo.

 

Esta sección foi constituida en 2001 co obxectivo de potenciar o turismo termal nos municipios que dispoñen de instalacións balnearias e conta actualmente con 81 entidades locais asociadas.

 

Durante os días 23 e 24 de outubro falarase da planificación e desenvolvemento das vilas termais, de como xestionalas con maior eficacia e sostibilidade, das políticas e instrumentos de apoio dispoñibles para a súa viabilidade e das claves para promocionar e comercializar unha vila termal para que sexa capaz de atraer o turismo nacional e internacional.

 

A alcaldesa da localidade galesa de Bath, un dos destinos termais europeos máis emblemáticos, participará na mesa redonda posterior á sesión de inauguración.

 

O venres pola mañá, a secretaria xeral de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas, e a subdirectora xeral de Desenvolvemento e Competitividade Turística da Secretaría de Estado de Turismo, Tatiana M.ª Martínez, intervirán noutra mesa de debate sobre políticas públicas e instrumentos de apoio ao desenvolvemento sostible das vilas termais.

 

PROGRAMA

 

Xoves, 23 de outubro de 2014

16:00-16:30 h. Inauguración Oficial do XI Encontro ENVITER

Nava Castro, directora xeral de Turismo da Xunta

M.ª del Carmen Yáñez Salgado, presidenta de Vilas Termais

Miguel Ángel Pérez García, alcalde do Grove

16:30–18:00 h. Planificación e desenvolvemento das Vilas Termais

Modera: Joaquim Arnó Porras, alcalde de Caldes d’Estrac

Cherry Beath, alcaldesa de Bath & NES

Francisco Meis Durán, técnico de Medio Ambiente do Concello do Grove.

Mario Crecente, arquitecto director Crecente asociados.

18:00-19:00 h. Obradoiro “A xestión turística dunha vila termal. Innovación, sostibilidade e novas tecnoloxías”. Parte I

David Mora, Consultor e formador

 

Venres, 24de octubre de 2014

9:30-11:00 h.   Políticas públicas e instrumentos de apoio ao desenvolvemento sostible das vilas termais.

Modera: Francisco J. Fernández Pérez, alcalde de Leiro

Pilar Farjas, secretaria xeral de Sanidade e Consumo

Tatiana M.ª Martínez, subdirectora xeral de Desenvolvemento e Competitividade Turística da Secretaría de Estado de Turismo

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense

11:30-12:30 h. Relatorio: “Saber adaptarnos ao noso cliente internacional: o mercado alemán”

Modera: M.ª del Carmen Yáñez, presidenta de Villas Termales

Álvaro Blanco Volmer, director da OET de Dusseldorf

Stefan Kannewischer, director de Kannewischer Collection e experto asesor da Asociación Alemá de Wellness

13:00-14:30 h  Obradoiro: “A Xestión turística dunHa vila termal. Innovación, sostibilidade e novas tecnoloxías”. Parte II

David Mora, consultor e formador

16:00-18:00 h  Obradoiro: “Claves para promocionar e comercializar unha vila termal”

José Fernández Cavia, profesor titular da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e director do proxecto CODETUR

 

Sábado, 25de octubre de 2014

10:00-12:00 h. Asemblea da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais