Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Carpa Xplora Xuventude e campaña do carne xove nos institutos do Grove

Fecha: 2014-10-22

 

Este venres, 24 de outubro os dous institutos do Concello do Grove recibirán a visita da Carpa Xplora Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ademais  tamén se fará a habitual Campaña do carné xove por parte da Oficina de Información Xuvenil.

 

Durante o recreo, de 11.05-11.40 h, estas actividades estarán no instituto das Bizocas e de 12.25-12.45 h acercaranse ao instituto do Monte da Vila.

 

A Carpa Informativa Xplora Xuventude é unha actividade da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado cuxa finalidade é informar a mocidade dos distintos recursos que teñen á súa disposición a través de técnicos especializados que forman parte da Rede Galega de Dinamización Xuvenil. Esta carpa vén de recorrer máis de 40 concellos de toda Galicia.

 

En canto á Campaña do carné xove, é unha actividade que o persoal da OMIX fai habitualmente polos institutos, unha ou dúas veces ao ano, ademais de tramitar o carné xove na súas oficinas de luns a venres de 9.00-14.00 h e os luns tamén de 16.00-19.00 h. Recordamos de paso a nova localización da OMIX, que anteriormente estaba na Casa Azul. Agora encóntrase no segundo andar do edificio administrativo municipal da rúa Cándido Acuña Blanco, 3.

 

Os rapaces e as rapazas que queiran obter o carné xove nestas dúas ocasións que ofrece a OMIX nos institutos deberán levar 6 euros e o DNI e, no caso de seren menores de 14 anos, deberán levar a solicitude dos seus pais/nais/titores para que a asinen.

 

Ademais do día 24 de outubro a OMIX estará un día máis en cada centro coa Campaña do carné xove para poder  atender todas as demandas:

-No IES Monte da Vila estará o 27 de outubro durante os dous recreos

-No IES As Bizocas estará o 29 de outubro  durante o recreo .