Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Rematado o curso de Atención Sociosanitaria en Institucións

Fecha: 2014-10-30

O Concello do Grove rematou o curso destinado a persoas desempregadas para obter a formación asociada ao Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións, o curso tivo unha duración de 468 horas e formaba parte da programación AFD da Consellería de Traballo e Benestar.

 

Once foron as persoas que remataron con éxito o curso, que se iniciou no mes de xullo, e en próximas datas recibiran o seu certificado acreditativo. Cómpre agradecer o traballo realizado polo alumnado durante estes meses.

 

Proximamente iniciaranse os cursos do Programa Aquelando da Deputación de Pontevedra, Docencia para a formación profesional e Técnico en limpeza de superficies e mobiliario de edificios e locais. As persoas interesadas deben pasar polo novo edificio administrativo para informarse.