Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Festividade de San Martiño no Grove

Fecha: 2014-11-03

 

 

Dentro da programación de actividades previstas para a conmemoración de San Martiño destacamos o concerto ofrecido pola Banda de Música do Grove na praza do Corgo (en fronte da Casa do Concello) ás 17.30 h o sábado 15 de novembro.

 

Ese mesmo sábado lerá o pregón das festas Guillermo Campos, da revista HG&T, actuarán a orquestra Solara e o grupo de baile Cantodorxo.

 

Tamén a partir das 21.30 h terá lugar a gran verbena a cargo de Solara e do grupo Yukatán na mesma praza do Corgo. O recinto estará cuberto por unha gran carpa.

 

O día antes, o 14 de novembro, haberá un magosto popular e animación infantil a partir das 17.30 h na praza do Corgo e ás 21.30 verbena coas orquestras Royal de Galicia e Los Satélites.