Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

'Cuerdas' gaña o II Festival de Curtametraxes Concello do Grove

Fecha: 2014-11-10

Cuerdas, a curta do director español Pedro Solís, foi a máis votada polo público asistente o pasado sábado ao II Festival de Curtametraxes Concello do Grove. A pouca distancia quedou a segunda clasificada, Democracia, de Borja Cobeaga.

 

A curtametraxe gañadora desta segunda edición do festival meco, que xa fora galardoada nos premios Goya, relata en case once minutos a historia dunha doce nena, residente nun orfanato, que crea unha conexión moi especial cun novo compañeiro de clase que padece unha parálise cerebral. O director Pedro Solís relatou nunha entrevista que o filme está inspirado nos seus fillos, Alejandra e Nicolás.

 

E este foi o resultado das votacións e a puntación acadada por cada curta: 

 

Título Puntuación
Cuerdas 3,63
Democracia 3,33
Arconada 2,57
Celebraciones 2,45
Eladio y la puerta interdimensional 2,40
Peter Pan 2,13
El lado frio de las almohada 2,10
Iniciación a la fotografía 2,03
A2042 1,90