Francisco Prol e Marta Caneda, premios á excelencia académica de secundaria do Concello do Grove
Fecha: 2014-11-13
Os premios entregaranse o sábado 22 na Casa do Concello
O obxectivo desta distinción é fomentar e premiar o rendemento académico do alumnado
O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, distingue este ano a Francisco Prol Lucio e Marta Caneda Portela cos Premios á Excelencia Académica do curso 2012-2013. Francisco Prol, alumno do IES As Bizocas, recibe o premio polo seus resultados académicos na ESO, mentres que en bacharelato, o mellor expediente é o de Marta Caneda, alumna do IES Monte da Vila, e que xa recibiu o Premio á Excelencia Académica no nivel ESO hai agora dous anos. A entrega da distinción será o sábado 22 de novembro, ás 12.00 horas, na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove.
O obxectivo desta convocatoria é premiar o rendemento do alumnado con mellor expediente académico en cada unha das etapas de educación secundaria, que cursou estudos nalgún dos dous centros públicos deste concello, IES Monte da Vila e IES As Bizocas. O premio en cada unha das categorías consistirá na entrega dun diploma acreditativo e de cadanseu cheque-regalo por valor de 200 euros para cambiar no comercio local. Deste xeito, ademais de recoñecer e premiar publicamente o éxito escolar de dous alumnos do concello, tamén se incentiva o comercio local.
Esta é a sexta edición duns premios que pretenden recompensar o esforzo realizado polos alumnos máis sobresaíntes curso escolar 2013-2014, pero tamén queren ser un estímulo para os demais compañeiros.
Unha comisión, formada pola concelleira delegada de Educación e polos directores dos centros de secundaria do municipio, realizou a elección das persoas premiadas en base ás cualificacións obtidas polo alumnado.