O Concello organiza varias charlas informativas sobre o PXOM
Fecha: 2014-11-18
O Concello do Grove comeza mañá mércores unha serie de charlas informativas sobre os distintos aspectos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).
Nos próximos días, segundo se vaian concretando as datas, irase informando das seguintes reunións.
A de mañá mércores 19 de novembro vai dirixida á veciñanza incluída nos solos urbanizables (SUED) e terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a partir das sete da tarde.