Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Convocado o XVI Concurso de Postais de Nadal para o alumnado de educación infantil e primaria

Fecha: 2014-11-19

 

O Concello utilizará a postal gañadora para realizar as felicitacións oficiais do Nadal

 

O Concello do Grove convoca o alumnado de educación infantil e primaria da localidade a participar na décimo sexta edición do Concurso de Postais do Nadal. O tema para desenvolver será o do Nadal e a técnica é totalmente libre.

 

A presentación dos traballos terá como data límite o mércores 10 de decembro, nos centros educativos ou na Biblioteca Municipal Manuel Lueiro Rey, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. Os debuxos deberán estar presentados nun folio DIN A4 e, de ser posible, totalmente debuxados. As obras deberán levar na parte posterior do folio o nome e os apelidos do/a participante, así como o  número de teléfono, curso e o centro educativo onde está matriculado/a.

 

O premio para o debuxo gañador será un lote de libros, material escolar e a súa publicación en forma de postal do Nadal dixital, que utilizará o Concello do Grove para realizar as felicitacións oficiais do Nadal. Todos os debuxos participantes serán expostos na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a partir do luns 15 de decembro. O ditame do xurado darase a coñecer o mércores 17 e a entrega de premios será o venres 19 dese mesmo mes, antes dun espectáculo infantil de Nadal, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.