O xurado do II Concurso de Pintura Ernesto Goday preselecciona vinte obras para a exposición
Fecha: 2014-11-21
- A esta segunda edición do certame presentáronse corenta e cinco obras
- O gañador ou gañadora ditaminarase a primeira semana de decembro
O II Concurso de Pintura Ernesto Goday contou cunha importante participación. Un total de corenta e cinco artistas procedentes de diferentes lugares da xeografía española presentaron as súas obras nesta segunda edición do certame.
O xurado está formado polos profesionais do mundo da arte:
· Josebe Arrillaga Chopitea, doutora en Belas Artes.
· Clara María Martínez Vindel, licenciada en Belas Artes.
· Menchu Outón Argibay, licenciada en Belas Artes.
· Jose Ángel Rodríguez López, Gogue, debuxante.
Os membros do xurado preseleccionaron vinte das obras presentadas, as cales formarán parte da exposición que terá lugar durante todo o mes de decembro na Sala das Cunchas da Casa do Concello e do Catálogo 2014 que se editará con motivo do concurso.
De entre esas vinte obras preseleccionadas decidirase a gañadora deste concurso, que se dará a coñecer, xunto co nome do seu autor ou autora, a primeira semana de decembro.