Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

II Concurso Frases de pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero

A Concellería de Igualdade, co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, pon en marcha o II Concurso Frases de pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero dirixido ao alumnado de bacharelato e segundo ciclo da ESO matriculado nos centros da nosa localidade.

As alumnas e os alumnos interesados en participar no concurso deberán presentar os seus orixinais, en lingua galega, ata o día 28 de novembro de 2014 ás 12.00 h nos seus propios centros escolares.

Rematado o prazo de publicación, a Concellería de Igualdade publicará o mesmo 28 de novembro pola tarde a frase gañadora.

Os premios de cada categoría consistirán en 100 euros en cheques-regalo e cadanseu lote de libros.

BASES DO CONCURSO


Todas as novas