Entregados os premios á excelencia académica
Fecha: 2014-11-24
O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, distinguiu este ano a Francisco Prol Lucio e Marta Caneda Portela cos Premios á Excelencia Académica do curso 2012-2013. Francisco Prol, alumno do IES As Bizocas, recibiu o premio polo seus resultados académicos na ESO, mentres que en bacharelato, o mellor expediente é o de Marta Caneda, alumna do IES Monte da Vila, que xa recibira o Premio á Excelencia Académica na ESO, hai agora dous anos, cuxo pai foi o encargado de recollelo.
A entrega da distinción tivo lugar o pasado sábado 22 de novembro, ás 12.00 horas, na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove e no acto estiveron presentes o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, e a concelleira de Educación, Laura Besada.