Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Nova saída de sendeirismo

A Concellaría de Deportes do Concello do Grove está a organizar unha saída de sendeirismo para o vindeiro 6 de decembro. 

Faremos a Senda Verde de Carnota. Serán uns 14 km de percorrido dunha gran riqueza paisaxística.

Comeremos en Cee e pola tarde visitaremos a fervenza do Ézaro antes de regresar ao Grove. 

O prezo é de 20 € por persoa, que inclúe o autobús e a comida.

A saída está para as 7.30 h desde a estación de autobuses e o regreso ás 20.30 h ao mesmo lugar.

Poden anotarse en persoa no segundo andar da Casa do Concello (despacho de Alfredo Bea) ou no tel.: 657 464 277.

Praia de Carnota. Vista desde a Senda Verde


Todas as novas