Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ditaminado o II Concurso de Pintura Ernesto Goday

Fecha: 2014-12-04

A grovense Carmen Iglesias Duro resultou gañadora da segunda edición deste certame pictórico organizado polo Concello do Grove a través da Concellería de Cultura. A obra gañadora leva por título "Casa de Peralto".

 

Así mesmo, o xurado considerou que pola súa calidade mereceron unha mención especial as seguintes obras finalistas: “Mariscando na ría”, de Diego Vites García (O Grove); “Al atardecer”, de  Marene Lasagabaster Tricio (Galdako-Bizkaia) e “Marea baja”, de Pedro Vergara Pastor (Baldemorillo – Madrid).

 

Características das obras:

 

"Casa de Peralto". Carmen Iglesias Duro

Óleo sobre lenzo (81 x 65 cm)

Obra gañadora

 

"Mariscando na ría". Diego Vites García

Óleo sobre lenzo (150 x 100 cm)

Accésit

 

"Al atardecer". Marene Lasagabaster Tricio

Acuarela (100 x 80 cm)

Accésit

 

"Marea baja". Pedro Vergara Pastor

Óleo/táboa (100 x 100 cm)

Accésit

 

Estas pinturas, e as demais que foron seleccionadas para participaren no concurso, poderán ser contempladas ata mediados de xaneiro de 2015 na exposición que xa está aberta ao público na planta baixa da Casa do Concello do Grove.

 

O premio será entregado nunha data próxima aínda por confirmar, que será comunicada coa antelación suficiente.