Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Comercio e o SNL do Concello do Grove promoven un ano máis o galego nas compras do Nadal

Fecha: 2014-12-18

 

 

A Concellería de Comercio do Concello do Grove, dirixida por Marta Domínguez, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística municipal, pon en marcha hoxe unha nova campaña de dinamización lingüística dirixida ao sector do comercio da vila.

 

O lema escollido este ano é “Xa tes agasallo? Agasalla en galego, meu!” e a iniciativa vai dirixida especificamente ao comercio local da vila para estender o uso do galego neste sector e incentivar os valores positivos que engade o uso da nosa lingua na comunicación comercial, ao tempo que anima a mercar no propio municipio durante unha das épocas do ano en que máis agasallos se fan.

 

Así pois, para lograr estes obxectivos, comezáronse a repartir polos comercios da localidade uns carteis e catro modelos de adhesivos para os agasallos con textos en galego e cuns deseños moi atractivos e festeiros que de seguro resultarán do agrado dos comerciantes e da clientela durante estas datas do Nadal.

 

Cómpre mencionar que o material da campaña foi deseñado polo alumnado do Obradoiro de Emprego de deseño de produtos gráficos que se está a desenvolver desde hai uns meses no Monte das Flores, co cal tamén se lles deu a oportunidade aos participantes nesta acción formativa organizada polo Concello do Grove de demostraren as habilidades e os coñecementos adquiridos ata o de agora.