Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os Reis Magos de Oriente, en colaboración co Concello do Grove, animan a rapazada meca a escribirlles en galego, e tamén por e-mail

Fecha: 2014-12-20

Os Reis Magos contactaron estes días co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove, dependente da Concellería de Patrimonio e Documentación do Concello do Grove para poñer en marcha a campaña de dinamización lingüística Aos Reis Magos, en galego!, que procura promover entre as rapazas e rapaces mecos a escrita das súas cartas aos Reis en lingua galega. O SNL do Concello preparou un modelo de carta aos Reis Magos para que a rapazada poida pedir, un ano máis, os seus agasallos na nosa lingua.

 

As cartas estarán á disposición da rapazada nas casas da cultura do municipio e no edificio administrativo do Concello. Unha vez escritas, poden depositarse antes do día 6 de xaneiro nas caixas do correo postas para o efecto nas casas da cultura do Grove e de San Vicente, ou tamén na do Carteiro Real, cando nos visite.

 

Do mesmo xeito, as Súas Maxestades de Oriente tamén lle enviaron unha misiva á Rede de Bibliotecas do Grove lembrándolles implementar a campaña complementaria Os Reis Magos teñen e-mail!, para poñela un ano máis en marcha coa reactivación do “E-mail Real” reismagos@concellodogrove.com, co fin de que a xente miúda do Grove máis impaciente poida facerlles chegar as súas peticións aos Reis a través das novas tecnoloxías. Cómpre indicar que para tal fin poden utilizar, se os precisan, os ordenadores de uso público existentes tanto na biblioteca municipal do Grove como na axencia de lectura de San Vicente.

 

Cartel da campaña

 

Modelo de carta aos Reis Magos