Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Cultura anima os grovenses a participaren nas actividades de Nadal

Fecha: 2014-12-23

O concelleiro de Cultura, Carlos Otero, anima as asociacións e colectivos locais en particular e a veciñanza en xeral a participaren nas diferentes actividades programadas polo Concello do Grove para este final de ano 2014 e comezos de 2015.

 

Ademais, quere aproveitar este chamamento para transmitirlles a todas e a todos, mecos e visitantes, os seus mellores desexos para estas datas e unhas moi Boas Festas.