Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Unha quincena de mozos participaron no Obradoiro de curtas organizado pola Concellería de Educación

Fecha: 2014-12-23

 

Os participantes elaboraron unha peza audiovisual

Forma parte da programación de Nadal organizada polo Concello do Grove

 

Un grupo de quince mozas e mozos participaron no Obradoiro de curtas organizado pola Concellería de Educación, e que se desenvolveu entre onte e hoxe na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. O obxectivo da actividade é ofrecerlle á mocidade actividades con contidos atractivos para a súa idade. Así, se o ano pasado se apostou pola imaxe e un taller de ilustración, nesta ocasión a Concellería de Educación contou co creador audiovisual Xes Chapela para somerxer aos participantes no mundo audiovisual e a creación de curtametraxes.

 

Durante oito horas, o alumnado recibiu os coñecementos prácticos precisos para a elaboración dun curto, desde a elaboración do guión, ata o deseño das personaxes, a gravación de escenas ou a realización e montaxe do vídeo.

 

Programación de Nadal

O obradoiro de creación de curtas inclúese na programación de Nadal do Concello do Grove e que, entre outras actividades, tamén incluíu o espectáculo de Expresións Producións que o pasado venres reuniu na biblioteca municipal a un importante público familiar, ou o Cantacontos para bebés de Pablo Díaz, que se ofreceu o domingo coas prazas completas.