A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolle a proxección da película Holy Night
Fecha: 2014-12-30
O salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá o domingo 4 de xaneiro a proxección da película Holy Night, filme de animación para público infantil, xuvenil e familiar dirixido polo cambadés Juan Galiñanes.
A proxección será a partir das 18.00 h. O prezo das entradas é de 3,00 €, e poderán ser adquiridas unha hora antes da proxección.
A película non puido ser estreada en España por falta de orzamento, aínda que si que se presentou nos Estados Unidos. Agora, os propietarios dos seus dereitos tratarán de publicitala de forma directa nos cines, en colexios e municipios.
Holy Night ¿noite de paz? é unha longametraxe de animación do Nadal, ambientada en Noiteboa e que fará pasar unha boa tarde de lecer a grandes e pequenos.
Argumento: no salón dunha casa conviven dous mundos, o da árbore de Nadal, onde vive Papá Noel cos seus elfos, e o do Belén, cos Reis Magos e demais figuriñas do portal. De súpeto, a zorra de Papa Noel desaparece e o neno Xesús é secuestrado. O Nadal está en perigo e todos se botan a culpa do sucedido, pero a verdadeira culpable anda solta... Así pois, xuntos deben colaborar para salvar o Nadal e para que esta festa poida celebrarse.