Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Concurso de Decoración do Entroido 2015

Fecha: 2015-01-22

O Concello do Grove, a través da Concellería de Comercio e Mercados, en colaboración coa Concellería de Cultura e Terceira Idade, organiza o Concurso de Decoración do Entroido 2015.

 

Poderán concursar todos os establecementos comerciais do concello do Grove, para o cal se establecen dúas categorías: comercio e hostalería ou restauración.

 

O prazo de inscrición remata o martes 10 de febreiro, ás 14.00 h (de se presentar a solicitude de inscrición a través do Rexistro municipal) ou ás 22.00 h dese mesmo día (se se envía por correo electrónico a: casadacultura@concellodogrove.es).

 

Pode consultar as bases do concurso premendo aquí>

 

Folla de inscrición