A TVG faise eco do éxito do programa de animación á lectura con cans promovido pola biblioteca do Grove
Fecha: 2015-02-02
A cadela labradora Guinda conquistou os nenos e acompañantes que a esperaban na Biblioteca Municipal do Grove. Alí a Concellería de Educación organizou unha das tres sesións previstas a través do pioneiro programa “Cans e Letras READ España”.
Trátase dun programa de lectura asistida e educativa no que os nenos gozaron lendo en compañía da cadela.
O Telexornal Mediodía da Televisión de Galicia fixo unha pequena reportaxe sobre a actividade que se emitiu o pasado domingo 25 de xaneiro. Pode vela premendo aquí>