A Rede de Bibliotecas do Grove volve mellorar as súas cifras en 2014
Fecha: 2015-02-09
Na Biblioteca Municipal o número de visitas incrementouse en 1775 e o de préstamos en 1095 con respecto a 2013
O modelo organizativo implantado na Rede de Bibliotecas do Grove segue a dar froitos.
Ao comezo do actual mandato, en xullo do 2011, a Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio apostou de xeito firme por fomentar o uso das bibliotecas municipais incorporándoas ao actual modelo de biblioteca.
Quizás o maior empeño durante estes últimos años se puxo en dinamizar a imaxe da biblioteca e convertela nun punto de encontro da comunidade, un lugar onde se sinta cómoda e encontre os recursos adecuados para cubrir as súas necesidades. Para acadalo, puxéronse en marcha unha serie de actuacións que permitiron redefinir os servizos clásicos e ofrecer novos servizos e recursos.
Algunhas desas actuacións foron as seguintes:
- Mellora e reorganización das infraestruturas, incluíndo mobiliario e equipos. Actualización do regulamento da biblioteca co fin de adaptalo á sociedade actual e ás novas demandas e necesidades dos usuarios.
- Posta en marcha de novos servizos bibliotecarios e fortalecemento dos xa existentes.
- Continua mellora e enriquecemento das coleccións, atendendo ás necesidades e suxestións dos usuarios.
- Aumento da cantidade e calidade das actividades de extensión bibliotecaria.
- Implementación de programas de promoción e animación á lectura.
- Formación de usuarios e visitas guiadas dirixidas a diferentes públicos.
- Implementación do uso das novas tecnoloxías.
- Posta en marcha dun servizo de préstamo de portátiles, tabletas e lectores de libros electrónicos.
- Servizo de préstamo de libros electrónicos.
Os cambios e esforzos realizados seguen a ser recompensados ano tras ano pola poboación da vila, o que se traduce nun incremento no número de usuarios dos diferentes servizos e no número de préstamos de documentos librarios e recursos electrónicos. Pero ata a biblioteca municipal do Grove tamén chegan veciños das vilas limítrofes atraídos pola permanente actualización dos fondos ou as actividades de dinamización lectora, e que obteñen a información a través da Redes Sociais.
Co fin de chegar aos diferentes públicos e promover a participación cidadá, trabállase intensamente organizando diferentes tipos de actividades de animación á lectura, as cales están a obter unha excelente aceptación e incluso atraen a atención dos medios a nivel autonómico.
O traballo realizado tamén obtivo recoñecemento a nivel nacional, xa que a programación de animación á lectura da Biblioteca Municipal do Grove foi premiada nas tres últimas edicións do Premio María Moliner de animación á lectura.
Os datos da Biblioteca Municipal:
|
Ano |
Visitas |
Préstamo Libros |
Préstamo audiovisuais |
|
2010 |
7226 |
1794 |
113 |
|
2011 |
9453 |
2382 |
141 |
|
2012 |
16 054 |
4435 |
559 |
|
2013 |
18 859 |
7057 |
1994 |
|
2014 |
20 634 |
7885 |
2261 |
Así mesmo, estanse a obter moi bos resultados na Axencia de Lectura de San Vicente que, tras permanecer varios anos pechada ao público, foi reorganizada, amoblada, informatizada e reaberta en xullo de 2011. Estas instalación están a ser cada vez máis utilizadas pola veciñanza da zona que non ten que desprazarse ata O Grove, podendo obter alí calquera documento da Rede de Bibliotecas do Grove.
Actualmente a Rede de bibliotecas do Grove está atenta ás diversas necesidades e demandas da comunidade á que serve, intentando ofrecer servizos de calidade e un amplo abano de prestacións: préstamo de libros e audiovisuais, préstamo de e-readers e libros electrónicos, préstamo de portátiles e tabletas, actividades de dinamización lectora dirixidas a diferentes públicos…
Os datos amosan que cada vez son máis as persoas de todas as idades que utilizan os recursos bibliotecarios municipais e que se está a garantir un maior acceso ao coñecemento, á información e á formación, atendendo as diferentes demandas da poboación. Os servizos máis utilizados pola cidadanía son o servizo de préstamo, a zona infantil e de bebeteca, a utilización dos ordenadores de uso público, a WIFI, o préstamo de portátiles e a participación en obradoiros e actividades de animación á lectura.
Pero a Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio non descansa e segue a traballar para seguir mellorando a cantidade e calidade dos servizos ofertados coa fin de seguir atendendo as necesidades e demandas da poboación que utiliza estas instalacións e recursos municipais.