Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

XIII Xornada Galega de Nais e Pais. Educando en Igualdade: 'Estratexias lúdicas en igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones'

Fecha: 2015-02-12

 

A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIII Xornada Galega de Nais e Pais. Educando en Igualdade: “Estratexias lúdicas en igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones” para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

 

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello do Grove anima as persoas interesadas, sobre todo ás nais e aos pais de menores de idade e solicita a súa colaboración na difusión desta actividade formativa destinada a sensibilizar as familias sobre o importante labor que poden realizar co fin de apoiaren usos seguros e saudables dos videoxogos e smartphones por parte de nenas e nenos, que terá lugar na data e no lugar abaixo indicados:

 

Dirixida a: nais e pais e ás súas fillas e fillos

Idade de referencia: entre 9 e 13 anos

Día: 21 de febreiro de 2015

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), r/Madrid, 2-4, Santiago de Compostela

Prazo de inscrición: ata o 19 de febreiro de 2015

 

Programa

Solicitude de inscrición

Cartel