Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Obradoiros para os máis novos: obradoiros de feltro e fofuchas

Fecha: 2015-02-13

Organizado pola Concellería de Xuventude na Casa da Cultura de San Vicente os venres 20 e 27 de febreiro (obradoiros de fofuchas) e o 6 de marzo (obradoiro de feltro)de 17.00-19.30 h.

 

Actividades de balde dirixidas prioritariamente a rapaces de 11-15 anos. En caso de haber interesados doutras idades daráselles prioridade aos maiores de 15 anos e despois aos nenos/as de 6-11, sempre que vaian acompañados dun adulto. Os menores de 6 anos  non poden participar. 

 

A inscricións poden ser para os dous obradoiros ou para un só e poden realizarse na Oficina de Información Xuvenil (OMIX), situada no segundo andar do edificio adminsitrativo municipal, tanto a través do seu teléfono 986 730 609 como do correo electrónico: omix@concellodogrove.com ou do seu facebook (omix o grove). 

 

Quen o prefira tamén pode inscribirse na Biblioteca de San Vicente os luns, mércores ou venres de 16:30 a 20:30 h (986 738 431).