Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Cultura convoca as bases para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais no ano 2015

Fecha: 2015-02-24

  •  En 2014 vinte asociacións beneficiáronse destas axudas

 

A Concellería de Cultura do Concello do Grove acaba de convocar as bases para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais no ano 2015.

 

As bases destas subvencións foron publicadas no BOP nº 35 de 20 de febreiro de 2015 e poden ser consultadas a través da páxina Web do Concello do Grove ou no propio enlace do BOP.

 

As asociacións, entidades ou interesados en obter estas subvencións do Concello do Grove deberán presentar as súas solicitudes, xunto coa restante documentación, no Rexistro xeral do Concello do Grove ou en calquera das formas previstas no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes do 12 de marzo de 2015.

 

No ano 2014 un total de vinte asociacións da vila beneficiáronse destas axudas.

 

En prazo ordinario: 

Virxe do Carme: 500,00 €

ACMD Breogán: 550,00 €

ACA Figheira do Meco: 650,00 €

CG Piñeiróns: 1200,00 €

Club Náutico de San Vicente:  600,00 €

AC Cantodorxo: 2000,00 €

AC Roza do Pedrol: 3900,00 €

A. Xubilados e Pensionistas: 1000,00 €

CP Boca da Ría: 1000,00 €

AC Mecos: 1000,00 €

C. Remo Mecos: 600,00 €

Emgrobes: 600,00 €

A. Mulleres Rurais A Lagoa: 500,00 €

A. Amigos da Dorna Meca: 900,00 €

Asociación de Veciños Ardia: 200,00 €

CP da Confraría de Pescadores San Martiño: 2000,00 €

Asociación Española Contra o Cancro: 700,00 €

 

En prazo extraordinario:

A. Mulleres Rurais Adro Vello: 1100 €

Cáritas Parroquial San Martiño: 1100,00 €

ACX Enxebre: 1100,00 €