II Concurso de Chíos pola Igualdade
Fecha: 2015-02-26

A Concellería de Igualdade, co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, pon en marcha a segunda edición do Concurso de Chíos pola Igualdade, que organiza coa colaboración das concellerías de Novas Tecnoloxías e Educación e co Servizo de Normalización Lingüística municipal.
As persoas interesadas en participar deberán estar empadroadas no Grove e terán ata as 23.59 horas do venres 6 de marzo para publicar en Twitter o seu chío (tweet). Cada participante poderá enviar un só chío que deberá incluír a etiqueta (hashtag) #IgualdadeOGrove8M e a mención @IgualdadeOGrove. Así mesmo, os lemas, frases ou mensaxes deberán ter unha extensión máxima de 140 caracteres, a que permite esta rede social, e estar escritos en galego.
Rematado o prazo de publicación, a Concellería de Igualdade publicará o 7 de marzo os chíos premiados e a partir desa data as persoas premiadas disporán dun prazo de 24 horas para identificarse a través dun correo electrónico enviado a iguadadeogrove8m@gmail.com para poder recibir o seu premio, unha tablet.
O 8 de marzo, as persoas premiadas lerán os seus chíos premiados durante un acto que se desenvolverá durante as accións conmemorativas do Día Internacional da Muller.
BASES DO II CONCURSO DE CHÍOS POLA IGUALDADE