Gala do Deporte Meco 2015
Fecha: 2015-02-27
O vindeiro 29 de marzo, terá lugar no Pavillón de Congresos do Gran Hotel da Toxa a Gala do Deporte Meco 2015. O venres pasado acordouse no Consello Local do Deporte e da Actividade Física facelo da maneira seguinte:
- Os clubs ou persoas físicas terán ata o venres 15 de marzo para nominar os deportistas, adestradores, prensa... meténdoos por Rexistro no edificio administrativo do Concello do Grove. Cada club nominará os seus deportistas poñendo os méritos deportivos da tempada pasada e unha pequena biografía deportiva para completar a información para a gala. Haberá que facer o mesmo para nomear o labor da directiva (poñer as actividades que fan, crecemento do club nos últimos anos, méritos diversos...), mellor club...
- Entre o 16 e o 23 de marzo, unha comisión formada por xornalistas deportivos da zona e licenciados en Ciencias do Deporte alleos á nosa vila, decidirán cales son os deportistas, directiva, adestradores nomeados e premiados na Gala 2015.
- O Consello Local do Deporte e da Actividade Física valorará os seguintes premios: vida dedicada ao deporte, medio de comunicación, mellor evento, mellor patrocinador e mellor directiva.
Categorías polas que se poden nominar:
- MELLOR DEPORTISTA MASCULINO
- MELLOR DEPORTISTA FEMININA
- MELLOR DEPORTISTA PROMESA MASCULINO
- MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA
- MELLOR CLUB
- DEPORTE ALTERNATIVO
- VIDA DEDICADA AO DEPORTE
- MELLOR ADESTRADOR
- MELLOR DIRECTIVA
- CLUB CON MELLOR LABOR DE DEPORTE BASE
- MELLOR MEDIO DE COMUNICACIÓN
- MELLOR PATROCINADOR
- MELLOR EVENTO DEPORTIVO