Obradoiro gratuíto de confección de manualidades con cunchas
Fecha: 2015-02-27

A Concellería de Cultura e Terceira Idade organiza un curso gratuíto de confección de traballos manuais con cunchas, dentro do programa Os/as maiores tamén contan, no que se desenvolven talleres culturais para xubilados e pensionistas, entre eles, de pintura creativa, modelado ou reciclaxe.
Este obradoiro vaise impartir na biblioteca da Casa da Terceira Idade de luns a xoves, entre as 17.00 e as 19.00 h.
Para obter máis información, pode chamar aos teléfonos 986 732 341 e 986 730 975 ou dirixirse á Casa da Terceira Idade do Grove.