Campamentos de verán da Lanzada e campamentos polideportivos da Deputación de Pontevedra
Fecha: 2015-03-03
A OMIX informa de dous campamentos que organiza a Deputación Provincial, para os cales recollerá as solicitudes ata o 31 de marzo (en caso de querer presentar as solicitudes no Rexistro da Deputación, o prazo remata o 1 de abril).
Lembramos que o horario da OMIX é de luns a venres de 9.00-15.00 e os luns tamén de 16.00-19.00.
Campamentos A Lanzada:
- Proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, artísticas, deportes e xogos, entre outras.
- Dirixido a rapaces nados entre os anos 2002 e 2007, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
- O custo da actividade é de 83,60 euros por neno.
- Información e solicitudes>
Campamentos Polideportivos:
- Lévanse a cabo no Centro Príncipe Felipe.
- Destinados ós nenos nados entre os anos 2001 e 2008, ambos os dous incluídos e que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
- O campamento incorpora actividades lúdicas como saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas ou obradoiros.
- O custo da actividade é de 125 €.
- Máis información e solicitudes>