Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Achégate ao galego 4.0

Fecha: 2015-03-12

 

Obradoiros de lingua e cultura galega para persoas adultas no Grove

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove, dependente da Concellería de Novas Tecnoloxías, Patrimonio e Documentación, vai poñer en marcha dous novos cursos gratuítos de galego para persoas adultas; un de nivel básico (orientado, principalmente, á poboación inmigrante) e outro máis avanzado.

 

A matrícula xa está aberta e pódese inscribir nesta actividade calquera persoa maior de idade que desexe adquirir ou mellorar os seus coñecementos sobre o noso idioma.

 

Cunha perspectiva de interculturalidade e diversidade, o SNL meco pretende que a lingua galega sexa para as persoas de orixe estranxeira outro factor máis de integración na sociedade, ao mesmo tempo que a cidadanía local coñeza as diferentes culturas e as linguas que chegaron ata nós polo vieiro da inmigración. Con ese motivo, o SNL do Grove ideou, por cuarto ano consecutivo, uns obradoiros de lingua e cultura galega que permitan un achegamento á lingua e á cultura galega de xeito progresivo e adaptado ás necesidades do alumnado, tanto nativo coma foráneo.

 

Comezo: 18 de marzo de 2015

Finalización: primeiros de xuño de 2015

Número de horas: 40 horas

 

Horarios:

luns e mércores, de 10.00 a 11.30 h (nivel inicial)

martes e xoves, de 10.00 a 11.30 h (nivel avanzado)

 

Lugar: aula de formación da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (rúa Monte da Vila, 11, primeiro andar)

 

Prazas limitadas: máximo 20 persoas por grupo

 

Máis información e inscricións:

Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove

Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

Rúa Monte da Vila, 11, baixo

Tel.: 986 733 190

normalizacionlinguistica@concellodogrove.com

 

Cartel